O programa 'Os trazos de Risco homenaxeará ao autor no 140ª aniversario do seu nacemento

Durante a presentación, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou o compromiso da Xunta de Galicia con iniciativas que recollan e poñan en valor o legado de autores sobranceiros da literatura galega. Deste xeito, fixo fincapé na importancia de “estudar e preservar as obras e o pensamento das figuras que conforman a nosa historia”.
Así, o secretario xeral da Lingua destacou a importancia deste programa que afondará na vida e obra do ourensán Vicente Risco, “un home que desenvolveu as súas inquedanzas en diversos eidos, como o literario ou o político, que pertenceu á Xeración Nós e que deixou unha herdanza cultural que perdura ata os nosos días”.
O programa, no que o propio Valentín García participou, está composto por cinco conversas que se gravaron no Teatro Principal de Ourense. A súa estrea está prevista que sexa o vindeiro sábado 23 de novembro, ás 12,00 horas, en diferentes plataformas.a
R.