A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora coa longametraxe de orixe meirega DHOGS
O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo mantivo un encontro con representantes da produtora de cine meirega “Acanea Impulsión S.C” para coñecer de primeira man como avanzan os traballos de gravación da longametraxe “DHOGS”.
A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora, a través dun convenio de 25.000€, con este primeiro filme desta produtora nacida no ano 2013, radicada na provincia de Lugo, e formada por catro xóvenes emprendedores que encontran no cine unha poderosa ferramenta de transmisión de valores culturais.
En palabras do Delegado de Cultura, o nacionalista Xosé Ferreiro, “as institucións públicas e os seus representantes temos que pornos tamén ao servizo dos proxectos culturais impulsados por novas e novos creadores, facilitándolles o acceso ás axudas públicas e ás canles de distribución e difusión dos seus traballos” indicou.
Así mesmo, Ferreiro tamén insistiu en que “temos que tomar conciencia de que a cultura tamén pode, e debe, xerar emprego digno, ademais de facernos seres humanos máis libres” dixo. “Por iso desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo apoiamos desde o primeiro momento a longametraxe DHOGS, un filme ‘made in Galiza’ como eles mesmos explican, e obra de mozos emprendedores da nosa provincia” sinalou o Delegado de Cultura.
Unha longametraxe Made in Galiza
Acanea Impulsión naceu como produtora para dar soporte a Gaitafilmes, que traballa desde o ano 2005 na creación de curtametraxes e cuxo nome artístico conservan. Tras varios traballos e outros tantos éxitos, decidiron dar un paso máis ambicioso: facer unha longametraxe profesional.
Así, Acanea Impulsión S.C como produtora principal, e Pixel Films como coprodutora técnica, xuntan os seus esforzos para sacar adiante DHOGS, un proxecto cinematográfico que, tal e como eles mesmo indican “está formado por moita xente e medra desde o rural galego, desde Meira”.
“Partimos coa clara intención de sacar adiante un proxecto moi galego, con gran parte das localizacións na nosa comunidade e unha equipa técnica e artística composta por xente da terra” sinalan.
Un reparto que conta con algúns dos nomes máis recoñecidos da escea galega
Miguel de Lira, Melania Cruz, Antonio Durán “Morris”, Carlos Blanco, Iván Marcos, María Costas, Suso López ou Álex Carro son só algún dos nomes que conforman o reparto deste filme que cuxa posta en marcha salienta o “crowdfunding” e as novas propostas de “micromecenado”, cun traballo fundamental nas redes sociais enfocado a facer posíbel a existencia desta longametraxe, da que xa se sinte partícipe moita xente.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo