Skip to main content

A USC proxecta o documental Fíos Fóra e promove o concurso Explícoche Matemáticas 2.0

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
"Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema".

“As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada”. Fíos Fóra é un documental que “fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora” e que o mércores 9 de marzo a partir das 12.00 horas se proxectará na Aula 7 da Facultade de Ciencias Económicas.

Esta é unha proxección que organiza o Departamento de Historia e Institución Económicas da USC e que contará coa presenza do profesor Xoán Carmona Badía para participar no debate académico posterior á proxección entre o alumnado participante.

Curtametraxes de dous minutos de duración máxima nas que se explique en galego un concepto matemático. Ese é o reto do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, que chegou xa á súa quinta edición dirixido ao alumnado universitario e de últimos cursos de ESO e bacharelato de toda Galicia. Os proxectos deberán remitirse ata o 22 de abril de 2016.

O certame organízao a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas en colaboración coa Fundación Barrié e o Servizo de Normalización Lingüística da USC co obxecto de promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas.

Máis información: http://fiosfora.gal/Documental
Máis finroamción: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/CNL/explicoche_matematicas_2_0_2016/bases2016.html
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)