Prestixiosos científicos de todo o mundo participan en Santiago na 27 Conferencia Europea de Recuperación de Información
A Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago acolle a 27 Conferencia Europea de Recuperación de Información (European Conference on Information Retrieval, ECIR) que reunirá, por primeira vez en España, aos máis prestixiosos científicos nesta materia. O encontro, que ten lugar entre os días 21 e 23 de marzo, está presidido por David Losada, investigador Ramón y Cajal da USC con docencia na titulación de Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas e membro do Grupo de Sistemas Intelixentes (GSI) que dirixe o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro.
O científico da Universidade de Glasgow Keith van Rijsbergen, figura de referencia mundial no ámbito da recuperación de información, será o encargado de pronunciar o luns, día 21, ás 9:30 horas, a primeira conferencia do encontro. A transferencia de datos polo sistema ‘peer to peer’, os modelos e métodos de recuperación de información e a sumarización de textos centrarán o resto de charlas científicas coas que se completarán as sesións do luns e na que participarán expertos de Reino Unido, Estados Unidos, Hungría, Suíza, Francia, Alemania, Irlanda e Italia. Pechando a xornada, ás 18:30 horas na ETSE, o reitor da USC Senén Barro daralle a benvida aos asistentes que logo participarán nunha sesión de posters.
Prestixiosos expertos
O evento reunirá en Compostela tanto a investigadores procedentes de universidades de todo o mundo como a científicos de departamentos de investigación de empresas interesadas na tecnoloxía dos sistemas de recuperación de información. Nos temas que abarca o congreso se atopan aspectos tan candentes como o desenvolvemento de técnicas eficientes para a busca de información na web, a representación e indexación de documentos estruturados, o filtrado de información ou os métodos de clasificación de texto, entre outros.
Entre os participantes destaca a presenza o mércores, día 23, do científico chileno Ricardo Baeza Yates, actualmente catedrático ICREA no Departamento de Tecnoloxía da Universidade Pompeu Fabra en Barcelona. Baeza é ademais director do Centro de Investigación da Web do Departamento de Ciencias da Computación da Escola de Enxeñaría da Universidade de Chile. O alto nivel de especialización e dominio en áreas como recuperación de información (RI), algoritmos e visualización de información téñenlle outorgado a Ricardo Baeza numerosos recoñecementos no ámbito internacional.En 1999, xunto con B. Ribeiro-Neto, editou o libro Modern Information Retrieval que se convertiu en obra de referencia na área de recuperación de información.
Dos investigadores que presentarán traballos na conferencia cabe destacar tamén a participación de representantes de empresas tan relevantes como Yahoo, Microsoft Research, A9 (o buscador web de Amazon), Verity, Xerox e Sharp, que presentarán os últimos avances en motores de busca no web, sistemas de busca en arquitecturas peer-to-peer (sistemas como gnutella, kazaa, emule, etc.), recuperación de documentos multimedia, buscas en dispositivos móbiles (PDAs, teléfonos móbiles), recuperación de documentos semi-estruturados (XML), etc.
Do ámbito académico e institucional asisten ao congreso entidades líderes en recuperación de información como as Universidades Carnegie-Mellon e a de Maryland (EE.UU.) ou a finlandesa de Tampere, así como o University College de Dublín e institutos e universidades de Singapur, Xapón e China. Tamén destaca a participación dun equipo de investigadores da Universidade de Glasgow que está a desenvolver a Plataforma Terrier, un buscador web que os expertos vaticinan que desbancará a Google en prestacións.

Gabinete de Comunicación USC