Un proxecto ninja para combater as prácticas abusivas nas profesións creativas
Esta mañá, no marco do Festival Viñetas desde o Atlántico (que, como cada ano, se desenvolve na cidade da Coruña en agosto), AGPI presentou este manual “ninja” de apoio a profesionais freelance, editado en papel e en formato dixital (pdf). As viñetas que ilustran esta guía publicáronse de forma periódica desde o pasado mes de abril a través da páxina web www.guianinjadoilustrador.org e das redes sociais da AGPI.
A maioría dos ilustradores e ilustradoras son profesionais freelance. O creativo freelance é unha “miniempresa”: á parte de crear, ten que manexar plans de empresa, negociar proxectos, facer presupostos, contratos e facturas. Debe coñecer a fondo os dereitos e deberes da súa creación artística, para protexela e poder explotala. E, ademais, ten que moverse nun mercado complexo e protexerse de prácticas abusivas.
Os ilustradores freelance precisan adestramento e habilidades ninja.
Grazas a esta guía, os lectores coñecerán os dereitos do ilustrador e do profesional creativo, poderán detectar e facer fronte a prácticas profesionais abusivas como o spec work, terán claves para descifrar contratos, descubrirán os procedementos para reclamar débedas e faltas de pagamento ou saberán que baremos é adecuado aplicar para poñer prezo ao seu traballo, entre
moitas outras recomendacións. A importancia de estar informado e de asociarse tamén se pon en valor neste manual. Toda esta información “ninja” está presentada de forma áxil, con abundantes ilustracións, infografías e enlaces a recursos útiles para os creativos freelance.
QUE É A GUÍA NINJA DO ILUSTRADOR?
Trátase dunha guía de defensa para ilustradores freelance que combate os principais perigos e problemáticas que rodean hoxe á profesión e proporciona ideas sobre como facerlles fronte. A Guía Ninja tamén vai dirixida a estudantes de arte, creativos freelance, clientes, amigos da ilustración e, sobre todo, ás persoas que comezan ou queren comezar na profesión. O proxecto Guía Ninja do Ilustrador conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

AGPI