CIRCOM Rexional recibe o premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia na edición de 2016

A xuntanza, á que asistiu o reitor Juan Viaño, foi tamén escenario dos premios da primeira edición do Research Pitches Contest organizado pola Universitat Jaume I, que tras esta edición piloto se estenderá o próximo ano a todas as universidades membro do CGU. A terceira edición dos Diálogos Compostela en Educación e a segunda edición dos Compostela Café, ambos os dous centrados na ética na educación superior e nos seus procesos de internacionalización, completaron o programa destas xornadas académicas que reuniron máis de 60 representantes dunha trintena de institucións de educación superior.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)