Skip to main content

As iniciativas culturais galegas na rede, a debate no Consello da Cultura Galega

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A cultura e os contidos culturais son un eixe central do consumo e do uso de Internet na actualidade, tanto en Galicia como noutras partes do mundo. O abaratamento de custos e as facilidades de acceso posibilitan que, nos últimos anos, observemos en Internet un importante incremento de cibermedios e servizos culturais iniciados con accións de emprendemento por individuos ou pequenos equipos que exploran un espazo non só de lectores, senón de sustentabilidade económica e social.

Esta xornada quere ofrecer unha visión actual das iniciativas culturais na rede en Galicia, coñecer os mecanismos que empregan para o seu funcionamento e contextualizala no ámbito internacional.

Máis información en: http://consellodacultura.gal/evento/200509
Programa completo en: http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/folleto_panorama_iniciativas_culturais_galegas_rede.pdf
Consello da Cultura Galega (CCG)