Skip to main content

O caricaturista de La Vanguardia Jaume Capdevila -Kap- reflexiona sobre o esperpento gráfico

A intervención deste caricaturista, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona e recoñecido con diversos galardóns tanto nacionais como internacionais, encádrase no marco do ciclo de relatorios ‘Valle-Inclán, xenio e figura’ e está asociada á exposición homónima que se pode visitar no Colexio de Fonseca e na que se presenta ao público unha selección de 800 imaxes.

Jaume Capdevila realiza ademais do seu labor como caricaturista en diversas publicacións un intenso labor como teórico e divulgador do humor gráfico. De feito, ‘Kap’ é membro do comité de dirección do Instituto Quevedo do Humor da Fundación General da Universidade de Alcalá de Henares, colabora con diversas universidades, preside o colectivo Debuxantes sen Fronteiras e é membro da asociación vinculada á ONU ONU ‘Cartooning for’.

O traballo deste prolífico debuxante e tamén teórico do humor gráfico está recollido en máis de 40 libros, que recollen tanto as súas creacións artísticas como estudos sobre publicacións satíricas, debuxantes ou outros aspectos vinculados ao humor gráfico.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)