Destácase o labor xornalístico para transmitir a realidade e explicala

Sobre o premiado desta edición, o titular da Xunta destacou a súa traxectoria profesional lembrando que “Salgado fiscalizou a política económica do Goberno de Albor como xefe da sección de Economía de La Voz de Galicia; pasou a ditar esta política como conselleiro na lexislatura de González Laxe; controlou o Executivo de Fraga como líder da oposición parlamentaria e encabezou a relación do Goberno bipartito cos medios como secretario xeral de Comunicación”.
Feijóo aseverou que todo recoñecemento é merecido para un comunicador “sen o que non se podería entender a Galicia autonómica”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia