Conferencia da documentalista radiofónica da Cadena SER Ángeles Afuera

Alumni
Xa pola tarde do mércores 19 de abril, a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC organiza un faladoiro coa profesional, que se celebrará ás 19.00 horas na Casa da Concha (rúa Conga, 1), na que conversará sobre o medio en xeral, facendo un repaso desde a radio de galena ata a radio informativa de hoxe, “ Sons de toda la vida”.
Afuera sostén que a radio se atopa hoxe nunha encrucillada similar á que viviu coa chegada da televisión, “creo que como medio de comunicación ten que adaptarse a novas canles e soportes, pero confío no seu futuro porque segue sendo inmediata, ten credibilidade e o seu maior aliado é a imaxinación do oínte”. Así e todo recoñece que o problema é captar a atención das novas xeracións, “ que xa non se informan pola radio, senón polos tuits que lles chegan ao móbil en calquera momento”.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela