Skip to main content

A Facultade de Ciencias da Comunicación inaugura a Aula Nacho Mirás

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
O xornalista Nacho Mirás ocupa dende o 3 de maio de 2017 un espazo de seu na Facultade de Ciencias da Comunicación ao dar nome á aula onde impartía a materia práctica de Redacción Xornalística. A inauguración deste espazo que lembra ao xornalista finado a finais de 2015 quedou formalizada oficialmente coa colocación dunha placa coa nova denominación da Aula. Interviñeron nesta sesión Ainhoa Apestegui en representación da familia de Nacho Mirás; o vicerreitor Xosé Pereira; o decano do centro, Xosé Ramón Pousa; e Darío Janeiro en representación do Colexio de Xornalistas.

Este foi un dos actos principais cos que a Facultade de Ciencias da Comunicación conmemorou este 3 de maio o Día da Liberdade de Expresión. A xornada contou coa participación de numerosos compañeiros e alumnos do centro e súmase a outras iniciativas que tanto dende a propia Facultade como dende o Colexio Profesional manteñen viva a lembranza sobre a figura de Nacho Mirás.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela