Homenaxe aos periodistas democráticos: de Víctor Casas a Luis Pita
Os libros recompilan e actualizan medio cento artigos de cada respectivo autor, publicados na revista nos seus catro anos de existencia. Dúas visión distintas, pero complementarias, sobre o que aconteceu nos últimos axitados tempos que vivimos, as dúas cargadas de humor, ironía e acidez.
Presentación de Diario dun repunante, de X.M. Pereiro
Estes artigos de Xosé Manuel Pereiro lidos así, todos xuntos e seguidos veñen dar na reflexión da relación íntima que existe entre as ideas e a retranca. Para profundar sobre a esencia da retranca, ese elemento discursivo que vai moito máis aló da ironía e que vén dar no signo diferencial que di dos galegos que o somos, hai que botar man destes artigos. O camiño do particular anecdótico ao universal, o uso das citas ilustres coma o recurso de «pasoulle coma aquel que...», son estratexias literarias que enchen os textos de físgoas polas que o lector chega á comprensión cabal. A ese «xa che mo parecía a min» do lector satisfeito. En fin, que o día no que se inventou o mundo Xosé ¬Manuel ¬Pereiro estaba alí e agora, coma nesas historias de textos atopados no máis poeirento e escuro andel dun alfarrabista, damos nós co seu diario e iso sempre agacha un tesouro para o lector.
Presentación de Novos episodios galegos, de Rivas
A mellor radiografía da Galicia actual. As crónicas irmandiñas de Manuel Rivas. Petróglifos senlleiros tatuados coas palabras da comunidade.Unha achega que abrangue 360 graos de ironía, saudade activa, vitalismo solidario,tenrura e compromiso social.Teñen moito sempre de manifesto libertario. Son vieiros inzados de esperanza e trazados coa fasquía provocadora dun contrapoder . O mellor antídoto fronte á inercia moral e pasividade conformista. Azos e insubmisión, humor rebelde, paixón polo seu país, imaxinación e intelixencia crítica á procura da cerna dos procesos sociais. A liberdade agroma na escrita de Manuel Rivas co devalo dunha espiral incesante.

Revista Luzes