Con ironía, en Lugo 'agradécenlle' a Cultura a axuda á Semana de cine... de Ourense
En Lugo, vense de inaugurar, no Auditorio Gustavo Freire, a edición XXXIX da Semana Internacional de Cine de Autor, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, co apoio da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Universidade de Santiago-Campus de Lugo e a Consellería de Cultura.
Na Semana, en sete sedes (Deputación, Universidade, Biblioteca Provincial, Vello Carcere, Museo da Historia lucense, Museo Provincial e Auditorio Gustavo Freire), proxéctanse preto dun cento de longametraxes e curtametraxes dentro dos ciclos: Semana oficial, Infantil, O mellor do ano, Cine galego, E para comer…Lugo, Ciclo cárceres, e As curtas tamén son cine. E faise unha homenaxe a Victoriano López García, mindoniense que recibiu un Goya en 1990, Goya de Honor, por toda unha vida dedicada ao cine.
Como queira que o pasado agosto Agadic (Consellería de Cultura) anunciou a concesión de 35.000€ para a Semana de Cine de Ourense, os responsables da Semana de Lugo dirixíronse ao organismo autonómico solicitando para o festival máis antigo de Galicia equiparación na axuda, xa que a que ven recibindo non chega á décima parte da anunciada para Ourense. E como queira que non houbo resposta ás comunicacións remitidas, no acto inaugural da Semana lucense, o Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz, agradeceu á Deputación Provincial, Concello de Lugo e Universidade o seu apoio, e á Consellería de Cultura o apoio que presta á Semana de Cine… de Ourense.

Xulio Xiz (Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá)