Skip to main content

En marcha a sexta ICC Technium R Encounter con 500 participantes que gozarán de 72 horas de actividade ininterrompida

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Ademáis, conta co patrocinio da Deputación de Ourense, de R e da Universidade de Vigo. Durante o acto de inauguración, Alfredo Ramos, director xeral de R, agradeceu aos organizadores do evento a confianza depositada no operador galego de telecomunicacións, que se estrea nesta party dando servizo aos asistentes para que esta conexión sexa o máis eficaz e eficiente posíbel. Ramos considerou “moi emocionante” poder formar parte deste evento, que está totalmente en sintonía cos valores da compañía: “a participación, a innovación e a creatividade”.

Ramos recordou que ICC Technium R Encounter vinculouse en esta edición coa rede de ‘Encounters’ de Euskaltel que ven sendo desenrolada dende fai 25 anos, e coa que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter. De feito, vólvese o segundo evento galego que une o apelido “Encounter” á súa denominación, despois de que o pasado mes de setembro o fixese a XGN R Encounter, celebrada en Silleda (Pontevedra). Tamén, apuntou que a incorporación de R, pertencente ao grupo Euskaltel, como patrocinador, favoreceu esta “irmandade” entre os fans á informática de ambas comunidades, que permitirá tamén que se potencie o programa de actividades destes eventos.

Por a súa parte, José Manuel Baltar Blanco, presidente da Deputación de Ourense, felicitou a os organizadores do evento e agradeceu a implicación de R. Tamén, destacou que se trata dunha cita que, ao igual que a institución que preside, aposta por a cultura, a creatividade, a innovación e as novas tecnoloxías. E en relación á súa localización no campus, Baltar apuntou que se trata dun emprazamento moi adecuado, “porque o entorno é una auténtica fábrica de talento”.

De igual forma, o vicerreitor da Universidade de Vigo, Virxilio Rodríguez, amosou o seu orgullo por a celebración da party no campus, e recordou o apoio que prestaron á ICC Technium R Encounter desde os seus inicios, cun bo número de alumnos de enxeñería entre os participantes.

Tamén tomou a palabras Edgard Ruíz, da Asociación Sectorial de Estudiantes de Ingeniería Informática (ASEII), quen amosou o gozo “por o éxito que supón, ter volto a encher os 500 asentos” e agradeceu “a fidelidade dos nosos seguidores, que levan meses preguntando por a celebración deste evento e nos demostraron que chegan con moitísimas ganas de pasalo ben, de xogar, de compartir coñecementos e gozar da convivencia”.

Durante os próximos días, ata o domingo 6 ás 18 horas, os participantes no encontro poderán inscribirse en catro grandes torneos de videoxogos, League of Legends, Counter Strike Global Offensive, Hearthstone e Super Smash Bros Brawl, nos que se repartirán 4.000 euros en premios.

Os participantes nesta cita galega poderán gozar de unha velocidade de conexión de 1 giga, ofrecida por a Universidade de Vigo. Desde R darase servicio aos asistentes para que esta conexión sexa o mais eficaz e eficiente posíbel.
R