Guadi Galego presenta e debate no CGAI o filme 'A Lingua das Bolboretas'

Guadi Galego presenta o filme coa saída do seu cuarto álbum ao mercado, que se atopa nas tendas dende hoxe mesmo. Bola de cristal completa unha triloxía baseada no mundo, que se iniciara con Lúas de outubro e agosto (2014) e O mundo está parado (2016), os seus anteriores traballos como solista. Trátase dunha das grandes renovadoras da música tradicional galega, cunha traxectoria intensa e rica, na que destaca ter sido a voz principal e gaiteira da agrupación Berrogüetto. Tamén formou parte como intérprete e compositora de proxectos colectivos como Nordestin@s, Espido e aCadaCanto.
O CGAI continuará co seu apoio ao cine propio nos vindeiros días coa acollida na súa sala dos gañadores dos últimos premios Mestre Mateo, que se poderán ver entre o 15 e 18 de maio. Abre o programa Dhogs, a principal vencedora con 13 galardóns, e continúase con outros títulos premiados como Matria, The Neverending Wall, Troubled Times, A batalla descoñecida ou as series Serramoura e Peter Brandon.
AGADIC