A USC edita o libro dixital 'Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno'

En opinión de Jorge Mira esta é “a primeira obra na que se simboliza o labor dunha xeración única de fotógrafos e fotógrafas do ceo”, polo que considera a publicación do libro como “o símbolo do nacemento desta xeración” como colectivo. Un grupo de persoas aos que cualificou como un “prodixio tecnolóxico dotados dunha gran competencia técnica”. Inicialmente presentada en versión galegas, o libro terá no futuro versións en castelán, inglés e portugués.
En formato dixital, o libro presentouse no transcurso dunha rolda de prensa na que tamén participaron a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés; e Óscar Blanco en representación dos fotógrafos que presentan os seus traballo na obra. Blanco, en representación do cadro de co autores, reivindicou Na procura da noite como unha chamada de atención sobre o valor do ceo como paisaxe pola súa extraordinaria beleza e como un recordatorio de que formamos parte dun sistema composto por millóns de estrelas, nebulosas e astros.
Universidade de Santiago de Compostela