Presentados os XXXVIII Cadernos Ramón Piñeiro dedicados a María Victoria Moreno

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, sinalou na presentación que esta obra “ofrece no seu conxunto unha visión completísima da autora de Anagnórise” e permite dar “un paso de xigante” para coñecer a María Victoria Moreno. Así mesmo, destacou que os Cadernos son “unha colección referencial para a cultura galega” e salientou a importancia de María Victoria Moreno como “pioneira” da LIX en Galicia.
Román Rodríguez rematou a súa intervención agradecendo o traballo dos profesionais do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades na confección deste XXXVIII volume, así como o de todos os autores colaboradores, “que xenerosamente nos brindaron os seus coñecementos sobre esta gran escritora”.
No acto tamén participaron o viúvo de María Victoria Moreno, Pedro Ferriol; o presidente da Real Academia, Víctor F. Freixanes; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), Manuel González; e a coordinadora da monografía, Blanca-Ana Roig Rechou.
Centro Ramón Piñeiro