Hércules publica un libro con rutas literarias que percorren os lugares que marcaron a vida de Antonio Fraguas

Baixo a coordinación de Charo Baleirón Sóñora, este libro recolle varias rutas literarias a través de vilas e lugares que marcaron a vida de Antonio Fraguas combinando paradas en puntos clave con datos biográficos, anécdotas e textos literarios.
Nas últimas páxinas, inclúe tamén unha proposta de actividades para facer con nenos e nenas de infantil ata bacharelato en torno a este singular escritor nacido en Cotobade. Para que a lectura sexa dinámica e interactiva os textos das rutas compleméntanse con imaxes evocadoras e códigos QR que levan a puntos de interese en mapas ou sitios web onde o lector pode atopar máis información sobre o tema que está a ser tratado.
Con este libro, Hércules de Ediciones comeza a súa colección de “Unidades didácticas das Letras Galegas”, a través da cal cada ano dedicará unha publicación ao protagonista homenaxeado nesta efeméride.
Hércules de Ediciones