Skip to main content

Ignacio Ramonet sinala o carácter exhibicionista das imaxes do Papa

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Ignacio Ramonet, director de Le Monde Diplomatique, sinalou, na súa intervención nos “Encontros On/Off”, organizados pola demarcación da Coruña do CPXG, que “hai algo de exhibicionismo” na retransmisión por televisión das últimas imaxes do Papa Juan Pablo II, destacando que “exhibir a morte das persoas maiores, é algo que ninguén quere ver”.
Subliñou o carácter mediático do Pontífice, levando a súa estratexia mediática ata os últimos momentos, amosando a súa propia agonía ós espectadores e prognosticou que o próximo Papa será italiano, que non viaxará e que se ocupará da Curia. Engadiu que a Igrexa deberá buscar a alguén que modere e relativice ó seu predecesor, sendo este un papado de transición, de non máis de dez anos, que se ocupe de organizar a institución o seu funcionamento.
Na súa opinión quedan cuestións importantes que resolver como o celibato, o diaconato das mulleres e a excomunión dos divorciados. Puntualizou que sería pouco probable que o novo Papa non fose italiano, e de ser doutra procedencia, sería asiático, xa que Asia xogará un destacado papel no século XXI.
O director de Le Monde analizou a tendencia actual a sentir unha fascinación particular por todo o que rompe coa norma e está relacionado coa morte e o sufrimento. Un dos principais obxectivos da información, segundo Ramonet,  é alimentar o interese polo morbo por parte do espectador, “quen quere ver a morte no momento no que se produce”.
Con Ignacio Ramonet xa son tres convidados ós “Almorzos On/Off” que organiza o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia a través da súa demarcación de A Coruña. O ciclo comezou o pasado mes de xaneiro con Carlos Varela, Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e continuou co economista Guillermo de la Dehesa. Esta é a segunda vez que o director de Le Monde acepta unha invitación do CPXG para falar en Galicia. Con anterioridade, o 29 de marzo de 2003, participou en Pontevedra no “Congreso Internacional de Novas Tecnoloxías e Sociedade” que organizaba o Colexio pronunciando a conferencia de clausura. Este ciclo de encontros conta coa colaboración da Fundación Luís Seoane e continuará en vindeiras semanas coa presenza de diversos convidados que se irán anunciando en posteriores convocatorias e a través da páxina web do Colexio.
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia