O Ateneo de Santiago conmemora as Letras Galegas con 'Fraguas, o traballo calado'

Así, o Ateneo homenaxeará ao historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista, cun gran coñecedor da súa persoa como é Vilar Álvarez. Licenciado en Xeografía e Historia, doutorando en Antropoloxía e Máster en Xestión de Bens Culturais e Patrimonio, o seu labor profesional desenvólvese no campo da antropoloxía e patrimonio, comisariando exposicións, como a que realizou en 2006 no Museo do Pobo Galego sobre a figura de Antón Fraguas.
Ten presentado comunicacións en diferentes congresos e publicado distintos artigos sobre os seus traballos de campo relacionados co Patrimonio Etnográfico e Museos e é autor de varios libros entre os que destacan Teóricos da Arte, Dicionario Xaquín Lorenzo “Xocas” ou Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, entre outros. En 2009 recibiu o Premio de Investigación Rutas Xacobeas da Asociación de Cámaras de Comercio dos Camiños Xacobeos por un traballo sobre o camiño de Fisterra e Muxía.
Ateneo de Santiago