Skip to main content

A Iniciativa Galega pola Memoria denuncia a profanación da Illa de San Simón cunha festa do Samaín

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A situación anómala na que vive o noso Estado a respecto dos dereitos humanos queda reflectida na tardanza na retirada dos restos do ditador e as controversias que houbo a respecto do seu culto e apoloxía dos seus crimes. Esta vitoria do movemento memorialístico non debe facernos esquecer o moito que queda por facer.

Esta retirada, por moi positiva que sexa, non debe servir para cubrir as deficiencias democráticas e os restos do franquismo que aínda nos asolagan e que quedan en evidencia en feitos como o que vimos de denunciar de profanación dun espazo da memoria a través dunha actividade lúdica. É impensábel que isto aconteza en ningún outro campo de prisioneiros do mundo, e en moitos lugares de Europa resultaría mesmo delictivo.

Esiximos que a Xunta de Galicia impida dunha vez a continua e reiterada aldraxe a nosa memoria e ridiculización da dor das vítimas do franquismo preservando a Illa de San Simón como lugar de homenaxe e recordo.
I.G.M.