O CGAC acolle o II Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes sobre o Camiño
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/maraton-creacion-cutrametraxes-camino.jpg)
Durante a súa visita, o titular de Cultura e Turismo puido compartir impresións con algúns dos participantes neste proxecto e destacar o vínculo do Xacobeo 2021 coa cultura e o mundo do cine. “O Camiño de Santiago é desde o seus inicios unha importante vía de difusión cultural e de intercambio de saberes e na actualidade o audiovisual xoga un importante papel no obxectivo internacionalizar e fomentar os valores xacobeos”, precisou.
Despois dunha xornada na que se celebrou unha masterclass para todos os participantes, os profesionais que asisten a II Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes reuníronse hoxe para montar os equipos e empezar a traballar nas sete curtametraxes ambientadas no Camiño de Santiago que se proxectarán o vindeiro martes día 18. Entre os preto de 100 asistentes a este evento, atópanse profesionais procedentes de México, Italia, Francia, Austria, Finlandia, Rusia, Alemaña, Israel, Bélxica e España.
Entre os asistentes atópase o director e guionista Alber Ponte, a actriz Ana Arias (Cuéntame), a maquilladora Carmen Porto (Vivir sin permiso, Libro de Familia) ou o director e actor Evaristo Calvo (Mofa e Befa), entre outros.
Centro Galego de Arte Contemporánea