O IV Foro #aculturasegue analiza os retos do sector do libro na era poscovid-19

Os Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era poscovid-19 véñense desenvolvendo desde o pasado mes de maio e constan nunha serie de encontros en formato webinario con especialistas procedentes de distintos campos do eido cultural. As sesións poden seguirse por videoconferencia e convidan á reflexión e á análise dos retos aos que se enfronta o sector no panorama actual. A actividade está impulsada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e no marco do Xacobeo 2021 e realízase ao abeiro do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da covid-19, promovido polo Goberno galego.
Foro #aculturasegue