'Ponte... nas ondas!' realiza obradoiros de radio para centros educativos galegos e portugueses

A través dunha sesión que se desenvolverá de xeito presencial ou por videoconferencia para aquelas escolas que, por mor da pandemia na que estamos inmersos, elixan esta modalidade. Usando a plataforma Webex, que permite a docencia remota ao tempo que posibilita a interacción práctica co alumnado, propomos a realización dun obradoiro dinámico, entretido e didacticamente útil.
Tanto no obradoiro presencial como no realizado enliña, traballamos os tres temas básicos que conforman a realidade do medio radio na actualidade:
- Oralidade: dicción e proxección da voz, a locución e interpretación coa voz.
- Edición de son: utilizando o programa de distribución libre Audacity ensinarase a gravación e edición do son, e a preparación e creación de podcasts, e o aloxamento en plataformas dixitais.
- Radio en directo: Montaxe dunha emisora, estrutura dunha emisión: sintonías, cortes de voz, cortes de música, diferenza entre locución e control técnico, elaboración dun programa, deseño e tipoloxía de programas, como elaborar un guión e unha escaleta, temas a tratar, música para incluír nos programas.
REMATADO O PRAZO DO 3º CERTAME “AS IMAXES DO PATRIMONIO“
Unha vez finalizado o prazo prorrogado até o 31 de outubro, foron 390 imaxes e textos, procedentes de ducias de centros educativos galegos e portugueses, presentados para esta 3ª edición do Certame.
O xurado, integrado por fotógrafos e antropólogos dará a coñecer o seu fallo o vindeiro 16 de novembro coincidindo co Día Mundial do Patrimonio.
Ponte... nas ondas!