Sara Plaza gaña o 'Pérez Parallé' de poesía con 'Todos os pasos fan ruído'
Logo de analizar as 76 candidaturas presentadas a concurso este ano, o tribunal decantouse pola obra titulada ‘Todos os pasos fan ruído’, de Sara Plaza Moreno.O poemario galardoado co XXXII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé forma parte do Traballo Fin de Mestrado (TFM) elaborado por Sara Plaza para o mestrado DAEN baixo o título ‘Da escritura como mirada á mirada que escribe. A natureza como alento e sustento do sentido estético’, un TFM que tamén vén de ser recoñecido na XVI Edición dos Premios á Calidade Lingüística, impulsados desde o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Sara Praza Moreno, nada en Bustarviejo, na serra de Madrid, é mestra de formación e tradutora e revisora de textos. Aprendeu galego pola súa conta, preocupada pola situación social e lingüística galega.
Universidade de Santiago de Compostela






