Unha exposición reúne 11 miradas ao cóncavo e ao convexo chegadas de ambas beiras do Atlántico
A mostra Espazos cóncavos y convexos, que se inaugura na tarde deste luns e poderá visitarse ata este xoves 21, reúne as creacións das alumnas e egresadas Aldara Otero, Laura Domínguez, Sabela Alonso e Yuri Salgado, xunto coas dos artistas españois e latinoamericanos Adrián Baúlde, Belén Castaldo, Bruno Graziadio, Camila Rush, Clara Aguilara, Erik Amarilla e María Belén Amitrano.
O proxecto xorde no marco da materia Xestión, ámbito artístico e mundo profesional, que imparte o profesor do Departamento de Escultura e decano de Belas Artes, Xosé Manuel Buxán, e está comisariado por Gasparrini e Sosa, dúas alumnas procedentes da arxentina Universidad Nacional de las Artes (UNA), á fronte dun equipo de traballo do que tamén forma parte a alumna do grao en Comunicación Audiovisual Xiana Matos, na sección de fotografía.
Variedade de disciplinas
As propostas de Espazos cóncavos y convexos abarcan diferentes técnicas e constitúen interpretacións subxectivas “dos distintos lugares habitables como algo que pode ser real ou ficticio”, sinalan desde a organización. Unha das participantes, a graduada en Belas Artes Aldara Otero, explica que presenta a obra Efímera, un autorretrato fotográfico que versa arredor “do corpo feminino, a autodefensa e o propio abrigo” e que se relaciona coa problemática da exposición desde o entendemento da convexidade e concavidade “como ocos e saíntes”.
Yuri Salgado, estudante do Mestrado en Dirección de Arte en Publicidade, afonda na temática da mostra nun debuxo onírico dun espazo surrealista. Pola súa banda, as alumnas de Belas Artes Sabela Alonso e Laura Domínguez xogan coa colaxe, a pintura acrílica e outras metodoloxías para construír obras de carácter introspectivo. A primeira comenta que a través do seu proxecto fala do que “lle come por dentro, abordando a depresión, a ansiedade ou a identidade”, mentres que a segunda explica a súa peza como a representación do proceso de “busca da nosa identidade como artistas”.
Os catro estudantes e egresados valoran a realización deste evento no momento actual, marcado pola crise sanitaria. Neste senso, Salgado subliña a valentía das organizadoras, Alonso di sentirse “agradecida por participar en proxectos que activen o movemento artístico e axuden a pequenos artistas” e Domínguez cre que “como xa comprobamos na corentena, precisamos da arte, a cultura e o ocio para o noso benestar e para a nosa evolución persoal e colectiva como sociedade”.
A mostra procura visibilizar artistas emerxentes
Gasparrini e Sosa, estudantes procedentes da Universidad Nacional de las Artes, de Bos Aires, que este curso continúan a súa formación na facultade do campus pontevedrés, aseguran que este evento nace co obxectivo de poñer en valor o traballo dos creadores e creadoras emerxentes, que contan con poucas posibilidades de participar en exposicións e que “son os artistas que teremos nun futuro”. Aldara Otero incide nesta situación ao comentar que esta actividade constitúe unha oportunidade para dar a coñecer a súa obra no municipio onde se formou. A artista, así mesmo, sinala que coa pandemia o seu sector estase a ver moi prexudicado e anima ao público a acudir a eventos culturais porque considera que son actividades seguras.
No tempo que levan vinculadas á Universidade de Vigo, Carla Gasparrini e Lorena Sosa mostraron o seu interese e implicación na dinamización cultural en varias ocasións, como na súa participación, o pasado outono, na produción do festival internacional Novos Cinemas. No seu afán por facer visible a creación da mocidade, as comisarias de Espazos cóncavos e convexos lanzaron unha convocatoria pública en redes sociais, aberta a artistas latinoamericanos a españois. As estudantes amósanse satisfeitas coa participación acadada e consideran que “a gran cantidade de propostas recibidas certifica a diversidade de interpretacións que un mesmo tema pode ter dependendo das circunstancias vitais de cada persoa”. Igualmente, sosteñen que esa pluralidade é enriquecedora e necesaria para o correcto funcionamento do mundo artístico.
Quendas de visita
Debido ás limitacións ás que obriga a crise sanitaria, as persoas interesadas en acudir á exposición poderán facelo desde hoxe ata o vindeiro 21 de xaneiro, en quendas de 15 minutos e respectando o aforo establecido. O recentemente aberto Espacio Matrioska atópase no número 6 da rúa Estrada e a exposición está aberta no seguinte horario: luns de 17 a 19.30 horas, martes e mércores de 10 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas e xoves de 10 a 13.30 horas.

Universidade de Vigo