Skip to main content

Os procesos de estandarización centran o simposio anual do Instituto da Lingua Galega

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
O tema proposto para pon o foco nos procesos de estandarización, e conta para a súa realización coa colaboración da rede de Estandarización Comparada das Linguas de España (ECLE).

“Coma sempre, no centro do Simposio está o idioma galego, pero ofrécense referentes comparativos, tanto con linguas en situación subordinada ou en proceso de normalización, canto coas linguas da contorna máis próxima e cun parentesco máis estreito”, explican dende o ILG. A inscrición neste foro permanece aberta ata o vindeiro 4 de febreiro e pode formalizarse a través desta ligazón. En todo caso, pecharase a inscrición no momento en que se alcance o número máximo de 200 prazas ofertadas, as cales cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Tendo en conta as condicións extraordinarias da pandemia por mor da COVID-19, o simposio realizarase mediante intervencións gravadas e posteriores coloquios en liña, aínda que contará tamén con dúas sesións presenciais que se celebrarán no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e que serán transmitidas en directo.

Programa

Os relatorios ofrecerán un estado da cuestión da estandarización, os seus problemas e as súas perspectivas, alén de botar olladas diferentes e novas sobre o estándar e os procesos de estandarización e os seus distintos modelos de construción. Nesta liña, a reconfiguración dos repertorios e rearticulación da arquitectura dos sistemas lingüísticos (monocentrismo/pluricentrismo) e as súas consecuencias, as tendencias cara á des-estandarización, ou mesmo sobre as problemáticas de tipo social, ideolóxico ou identitario que se relacionan co estándar e a estandarización serán cuestións abordadas no simposio, alén das olladas comparativas entre distintos procesos de estandarización.
Instituto da Lingua Galega (ILG)