Marina Núñez explora nunha exposición as conexións entre o humano, o natural e o tecnolóxico
Isto leva “á fusión tanto co medio natural coa tecnoloxía”, segundo recolle o seu texto de presentación.
“Ese ser humano ‘sen pel’, máis exposto e vulnerable é un dos meus temas recorrentes”, recoñece Núñez respecto da idea central dunha exposición que xira en torno a esa relación “entre os humanos, a natureza, a tecnoloxía...”, conformada na súa meirande parte por obras realizadas nos últimos anos. A estas súmanse tres debuxos, unha instalación de dez vídeos en monitores e outra peza en vídeo que foron creadas especificamente para este proxecto. Non obstante, a exposición tamén aborda como as “dicotomías natureza-cultura e corpo-tecnoloxía” formaron parte do “imaxinario da artista”, como recolle o texto de presentación, ao longo das últimas tres décadas. De feito, ademais de reunir nunha das súas salas obras realizadas desde a década de 1990, a exposición complétase cun vídeo-ensaio sobre a traxectoria da Núñez, realizado por Susana Blas e Marta Azparren.
Obras que o presente converteu en “estrañamente descritivas”
As obras seleccionadas para esta exposición, sinalan desde Kubo Kutxa, “proxectan identidades maleables e empáticas coa contorna, onde os límites físicos e psicolóxicos se dilúen ou duplican nos escenarios ou paisaxes dos que forman parte”. Sin piel, engade o texto, “fala de identidade, da idea de fronteira, do diálogo, case sempre incómodo entre o conectado, ilimitado, aberto, brando e metamórfico e o constrinxido, estereotipado e controlado”. Deste xeito, a exposición permite afondar no interese de Núñez por temáticas como a loucura, a morte, a monstruosidade e a ciencia ficción, por aquelo que “existe á marxe do normativo”.
“Se ben toda a súa obra é un intento por mostrar realidades alternativas ao normativo, quizais a diferencia entre proxectos anteriores e esta exposición é a idoneidade da proposta nos tempos incertos apocalípticos que está vivindo a humanidade no último ano”, saliéntase tamén no texto de presentación de Sin piel, en alusión tanto a crise climática como á covid-19. Nese senso, Núñez recoñece que aínda que a pandemia non influenciase a exposición, si podería ter achegado outra lectura a este conxunto de obras centradas na “relación entre os humanos o seu medio ambiente”. “Nunha época de crise sanitaria e medioambiental como a que vivimos, de repente a ciencia ficción deixou de selo e algunhas obras resultan estrañamente descritivas”, recoñece e artista e investigadora do grupo dx5.
Un percorrido en espiral
“Síntome moi afortunada por poder expoñer nun espazo tan especial e rotundo arquitectonicamente”, salienta Núñez do Kubo Kutxa, un espazo expositivo inserido no edificio Kursaal, de Donostia, no que presenta 46 obras en catro salas, dúas delas iluminadas e destinadas ás obras materiais, pintadas e impresas, e outras dúas en penumbra, nas que se sitúan as proxeccións e videoinstalacións. Catro espazos que se presentan como “catro órbitas” en torno ás que se trazou un percorrido en espiral e que reciben os nomes de Supernovas, fractales y marejadas; Inmersión naturaleza y civilización; El ojo y las grietas e Un túnel del tiempo. “Susana Blas destacaba que as órbitas teñen sentido nunha traxectoria que non é lineal, senón que vai e volve sobre certas iconografías e temas, como un fluxo en bucle”, sinala a artista, que destaca o oportuno desa idea de “percorrido orbital” nunha exposición na que se combinan luz e escuridade e cunha “iconografía marcada pola ciencia ficción”.

Universidade de Vigo