Galaxia publica esta semana o libro inédito de Xela Arias
A Xela Arias coñeciámola sobre todo como poeta, polo que a publicación desta obra é un acontecemento literario único neste 2021 en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
En "Non te amola!" imos atopar unha Xela sorprendente, cunha forza narrativa impoñente. Un texto que é unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta, vizosa, cara aos nosos días. Toda unha descuberta desde unha ollada descoñecida da autora.
A maxia artística de Luz Beloso, que nos debuxa unha Xela nena, axudan a entender como foi a infancia da autora e os marabillosos acontecementos que, dende a súa ollada infantil, sucederon, e como ela nolos conta.
Un texto que van gozar os máis pequenos da casa, pero tamén todos os que queiran achegarse á descuberta dunha Xela Arias que se centrou na poesía, pero que tamén, como di no arranque do libro, quería escribir para a xente miúda para contarlles historias de como foi un tempo, o seu, dende o convencemento de que as grandes aventuras se viven en calquera época.
Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) foi unha poeta que publicou libros esenciais como "Denuncia do equilibrio", "Tigres coma cabalos" ou "Darío a diario", dedicado ao seu fillo, en que aborda a maternidade cunha mirada afastada do tratamento tradicional. A súa derradeira obra, publicada en 2003, "Intempériome", converte a desobediencia e a transgresión en palabra poética. Autora sempre comprometida, puxo a súa voz en mobilizacións cívicas como a da marea negra do Prestige e en favor da lingua galega. Traballou como editora e como docente de secundaria. Traduciu para o galego desde o inglés, italiano, portugués e castelán autores como Bram Stoker ("Drácula"), Roald Dahl ("As bruxas"), Angela Carter ("Venus negra"), Gianni Rodari ("Contos ao teléfono"), Carlos Oroza ("Caballum") e Jorge Amado ("O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor"), entre outros. En 2021, a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas.

Editorial Galaxia