Skip to main content

O congreso 'Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois' profundará no legado da autora da man de especialistas internacionais

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A cita, que se completará con diversas actividades culturais, coincidirá co traslado á Coruña da exposición sobre a autora que organiza a Biblioteca Nacional de España, unha mostra que conta coa estreita colaboración da Real Academia Galega, custodia do legado de Emilia Pardo Bazán, e que poderá verse no Quiosco Alfonso. Esta é unha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do Concello da Coruña.

A xornada inaugural, o luns 25 de outubro, contará cos relatorios de Darío Villanueva, catedrático emérito da USC e académico de número da RAE; Marina Mayoral, académica de honra da RAG e catedrática da Universidade Complutense de Madrid; e Dolores Thion, da Université de Pau. O programa continuará ata o mércores 27 de outubro na sede da Academia con relatorios sobre a narrativa da autora, as súas colaboracións na prensa ou cuestións sobre o seu pensamento como o europeísmo e a experiencia do urbano. A USC acollerá o xoves 28 de outubro unha xornada centrada na curiosidade científica de Pardo Bazán con relatorios a cargo de profesorado da institución.

Ángeles Ezama Gil (Universidad de Zaragoza), Jo Labanyi (New York University), Ermitas Penas Varela (USC), Marisa Sotelo (Universitat de Barcelona), Enrique Rubio Cremades (Universitat d'Alacant), Íñigo Sánchez-Llama (Purdue Universty), Ana Freire (UNED), o académico e historiador Ramón Villares (USC) e a académica Marilar Aleixandre (USC); ou Isabel Burdiel (Universitat de València), autora dunha biografía sobre Emilia Pardo Bazán, entre outros especialistas, tamén participarán con relatorios que achegarán distintas perspectivas arredor da vida e da obra da autora ao longo de cinco xornadas que se complementarán con comunicacións breves e actividades culturais.
Universidade de Santiago de Compostela