Skip to main content

A mostra fotográfica 'Camiño' achega a visión poética de Yasuhiro Yotsumoto

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Dende 1994, reside en Munich, pero iso non lle impediu manterse como unha figura destacada da poesía xaponesa, como o demostra o feito de ser o editor xaponés do sitio Poetry International Rotterdam, ou ter traducido ao mesmo idioma a autores como Emily Dickinson, Dante, Rilke ou Li Po.

O ‘Camiño’ alberga unha importancia fundamental na espiritualidade de Yasuhiro. Non só no seu aspecto relixioso, caso dos tres que se poden contemplar na presente exposición (Santo Andrés de Teixido, Kumano e Fisterra), senón o ‘Camiño’ como parte da procura íntima no seo da natureza. A exposición pode visitarse en horario de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
Universidade de Santiago de Compostela