Skip to main content

Alta tecnoloxía na filmación de Un Bosque de Música

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Tra-lo inicio da rodaxe de Un Bosque de Música no concerto que Luar Na Lubre ofreceu en A Coruña o pasado 9 de agosto, Ignacio Vilar continúa o seu intenso programa de filmación recorrendo diversas paraxes galegas. A pasada fin de semana realizou as tomas aéreas da Ribeira Sacra e da Ponte de Rande a bordo dún helicóptero moi especial dotado dunha cámara wescam de cine, auténtico luxo para unha rodaxe destas características. En palabras do director ourensán, moi poucas películas do cine español dispoñen dunha tecnoloxía tan avanzada, un recurso que sen dúbida repercutirá na calidade das imaxes de Un Bosque de Música.
O intenso programa de filmación continuará os primeiros días de setembro pola zona de Pena Trevinca, unha recóndita paisaxe que esixirá un longo percorrido a pé con todo o equipo de traballo ás costas, ademáis dunha acampada á intemperie durante tres días para obte-las imaxes que buscamos. As localizacións que elixiu o director levaralles a percorre-los Canóns do Sil ata a súa desembocadura, o monasterio de Xagoaza -xoia arquitectónica do século XII que actualmente pertence a CEDIE– e mesmo a algunha das adegas sitas nas misteriosas covas de Vilamartín de Valdeorras onde representaremo-lo incesante traballo de documentación que Luar Na Lubre realiza polos pobos de Galicia para recupera-las músicas dos nosos ancestros.
Un Bosque de Música estrearase en Febreiro de 2004 e será incluído en formato DVD (subtitulado en 6 idiomas) xunta ó novo disco de Luar Na Lubre.
Prensa Javier Sobrino