Tres mulleres de Ourense, Lugo e Tui gañan o IV Concurso de microrrelatos da Real Academia e PuntoGal na categoría de adultos

O xurado declarou ademais finalistas “Insomnio”, un relato de só 30 palabras asinado por Marta Isabel Villar Rodríguez (Malpica, 1973), xornalista de profesión; e “Euloxio”, de 200 palabras, co que concorreu Iria Ramos Mesía (Valdoviño, 2000), estudante de Xornalismo.
As persoas premiadas recibirán diferentes premios tecnolóxicos, libros e, no caso dos primeiros e segundos premios das categorías de adultos e xuvenil, un dominio .gal gratuíto durante un ano. A Real Academia e PuntoGal publicarán os textos seleccionados nas súas páxinas web e en relatos.gal, a web do concurso, onde se ofrece toda a información sobre a convocatoria. Luzes tamén os reproducirá e agasallará as gañadoras na modalidade de adultos cun lote de publicacións da revista, onde tamén se publicarán os relatos finalistas non premiados.
Real Academia Galega