Skip to main content

A iniciativa Twitter en galego cumpre 10 anos de vida

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Tamén participan Kiko Novoa e Alfonso Hermida do xornalismo ou mesmo representantes políticos como Mercedes Queixas e Ana Miranda do BNG; e Noa Diaz do PSdeG.

Despois dunha reivindicación intensa en que se logrou traducir esta plataforma en apenas seis meses, o Twitter en galego é un dos proxectos dixitais máis antigos que segue manténdose en activo. O creador da iniciativa, Carlos Vieito, salientou que "o Twitter en galego non vai descansar até que sexa posíbel poder chiar tamén dende todos os dispositivos móbiles". E é que de momento o Twitter só se pode configurar en galego na versión web, pois "o galego segue en fase beta a igual que outras linguas como o éuscaro ou o irlandés" destacou Vieito.

Destacan que de aí a importancia de manterse activos até lograr todos os obxectivos cos que naceu este proxecto dixital: poder configurar o galego e normalizar a lingua nesta rede social. "É fundamental termos a posibilidade de poder, se quixer, configurar calquera aplicación na nosa lingua, mais é moito máis primordial que os usuarios e usuarias destas plataformas poidan sentirse cómodas comunicándose na súa lingua, sen estar sometidas a ningunha presión ou prexuízo" explicou. A iniciativa, mentres segue á espera de que se permita acceder novamente ao Twitter Translation Center para poder actualizar a versión móbil, segue a traballar na divulgación de contidos referentes da cultura galega e dinamización da lingua.

Twitter en Galego