Skip to main content

Faranse test de antíxenos a participantes e monitores dos campamentos de verán

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Baixo o lema "O verán que mereces", a programación estival deseñada pola Xunta ofrecerá desde xullo e ata setembro unha oferta de ocio seguro, na que se manterán o resto de medidas de protección aplicadas durante a pasada edición, como a redución do aforo, o incremento do número de monitores, o reforzo das medidas de desinfección e limpeza ou a adaptación das actividades ás normas hixiénico-sanitarias.

A conselleira lembrou, neste sentido, que durante o ano pasado Galicia foi das poucas Comunidades que mantivo a campaña de verán e logrou que se desenvolvera sen incidentes xa que non se rexistrou ningún caso positivo. "Isto levounos a incrementar a oferta de prazas durante este ano en máis de 1000, ata chegar a un total de 7.800 prazas", resaltou.

Conciliación, ocio seguro e emprego

Fabiola García sinalou, ademais, que as familias galegas volveron confiar este ano na campaña de verán do Goberno galego, xa que o 98% das prazas ofertadas nos campamentos xa foron adxudicadas. Así, apuntou que os campamentos ofrecen ás nais e pais a posibilidade de conciliar durante o verán; ás nenas e nenos axúdanlles a seguir aprendendo; e ademais, permite xerar emprego nun sector como o do tempo libre.
Xunta de Galicia