Skip to main content

A obra El viento es salvaje' gaña o Premio do Público da 38 Mostra de Teatro de Cangas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
En segunda posición, con 4,26 puntos, quedou outra das estreas en Galicia, a obra ‘Ritos de amor y guerra’, da compañía catalá Comando Señoras. O terceiro posto, con 4,08 puntos, foi para ‘La señorita doña Margarita’, de Petra Martínez e Juan Margallo, espectáculo que tamén foi unha das estreas en Galicia desta Mostra.

‘El viento es salvaje’ conta a historia de dúas rapazas, Vero e Mariola, tan amigas que semellan irmás. Unidas desde a infancia por un amor e unha fidelidade inquebrantable. A obra é unha recreación libérrima de dous dos personaxes femininos máis apaixonantes da historia da cultura universal: Fedra e Medea. Unha traxedia, en verso, con todos os elementos clásicos do xénero, pero atravesada pola gargallada.

Las Niñas de Cádiz é unha compañía de teatro que traballa desde as raíces, fusionando elementos da cultura popular e o folclore con outros da denominada tradición culta. E sempre desde o humor. Alejandra López, Teresa Quintero, Rocío Segovia e Ana López Segovia son as actrices que dan vida á obra escrita e dirixida por Ana López Segovia.

O espectáculo xa recibiu do Premio Max ao Mellor Espectáculo Revelación en 2020 e o Premio do Público do Certame Nacional de Teatro Garnacha da Rioxa.
Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas