Skip to main content

O Colexio de Xornalistas de Galicia considera inaceptables as conclusións do Pentágono sobre a morte de José Couso e pide ó Goberno español que esixa unha completa investigación dos feitos

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Entende o CPXG que o Goberno Español debe esixir unha completa investigación dos feitos, tal e como xa fixo o Goberno de Ucrania.
Como xa afirmara nunha nota feita pública o pasado 10 de abril, o Colexio cre que o Executivo de José María Aznar ten a obriga política e moral de facer todo o posible para que se aclare a morte dun cidadán español, desarmado e indefenso, convertido de facto en obxectivo militar.
José Couso estaba filmando cando un tanque nortemaricano apuntou e disparou contra o hotel onde se aloxaba xunto con boa parte da prensa internacional que cubría a guerra en Irak. Agora o Pentágono afirma que a acción foi un acto de autodefensa e esa conclusión reclama unha investigación que permita aclarar as circunstancias que rodearon ese crime de guerra.
O Colexio expresa, ademais, a súa preocupación polo elevado número de víctimas entre os xornalistas, 18 desde que se iniciou a guerra en Irak -o último, polo de agora, é o palestino Mazen Dana, camarógrafo de Reuters- e esixe ás autoridades responsables, explicacións convincentes e a máxima protección para o desenvolvemento do traballo dos xornalistas.
Somos conscientes dos riscos, ás veces inevitables, que rodean o traballo dos xornalistas nestes escenarios, pero precisamente por eso esiximos das autoridades que garantan e amparen o exercicio do xornalismo, imprescindible para que a cidadanía exerza o seu dereito á información.
Desde o CPXG estamos persuadidos de que esa garantía ha contribuir a reforzar e preservar as liberdades de información e expresión ó servicio da cidadanía e ha servir tamén para fortalecer a democracia, o pluralismo, o diálogo e a paz.
Colexio de Xornalistas de Galicia