A Universidade da Coruña ofrece máis de cen actividades de divulgación
user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist
query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Un total de 72 docentes da universidade ofrecen 124 actividades diferentes que abranguen as cinco ramas de coñecemento: Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura. As actividades propostas inclúen charlas ou obradoiros de temas de actualidade e de interese para o alumnado. Es de ciencias ou de letras? Tres saídas profesionais despois de estudar Filoloxía (charla); Microplásticos no medio ambiente (obradoiro); O mundo na túa cabeza (charla); A Covid-19 e os novos hábitos de compra, o comercio electrónico veu para quedarse? (charla); ou Por que flotan os barcos (obradoiro) son algunhas das propostas que poden atoparse en: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/orientadores/divulgacion-cientifica/
Para participar neste programa, os centros só teñen que solicitar a actividade que máis lles interese contactando directamente co profesor que a imparte.
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies.
OKMás información