Skip to main content

Arquitectura e espiritualidade danse a man na exposición 'O Silencio de Deus'

A través de seis instalacións, Otero aborda un estado de desasosego ante as divisións inexplicables que forman o tecido da realidade humana. Os materiais empregados polo artista e o seu proceso creativo, “testemuñan a frívola teima dos humanos por construír e reconstruír, organizar e reorganizar, mostrando o carácter efémero da existencia humana, a soidade pura e o Silencio de Deus”, tal e como explican dende o comisariado da mostra que corre a cargo de Elena Bangueses.

“Todas as cargas emocionais, os recordos, os obxectos recollidos na contorna, os procesos vividos, as palabras, a música e as imaxes percibidas, configuran a miña obra, a través de fases sucesivas e manifestándose mediante a pintura, instalacións, vídeo, fotografía, gravado e poesía”, explica Xosé Luís Otero. A exposición pode visitarse os xoves e venres de 11.00 a 14.00 horas e de martes a sábado de 17.00 a 20.30 horas na Igrexa da Universidade (Praza de Mazarelos, 2) e a partir do mércores 6 de abril.
Universidade de Santiago de Compostela