'Barafunda' e 'Reflexións dunha avariciosa' acadan os premios do xurado e do público no VII Findecurta

Unha vez rematada a proxección das curtametraxes, o público presente nesta sesión de cine ao aire libre emitiu o seu ditame sobre a obra cinematográfica que máis lles gustou e as votacións escolleron a curta titulada ‘Reflexións dunha avariciosa’, cuxa autoría corresponde ao equipo A Osa Maior + 2.
A cerimonia de entrega dos premios do VII Findecurta celebrada na Praza de Santa María permitiu a máis de 300 persoas gozar das nove creacións cinematográficas presentadas ao concurso dun certame que conta financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, e que, un ano máis volve xuntar máis 100 participantes. O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e o adxunto á Vicerreitoría de Organización Académica, Antonio Álvarez, arrouparon aos participantes na gala deste certame a prol do cinema e galego.
A curta máis valoradas polo xurado do VII Findecurta recibiu unha gratificación en metálico de 400 euros, ademais de garantir a súa proxección na próxima edición da Semana de Cine de Autor de Lugo, unha cita na que a curta galardoada polo público tamén poderá concorrer a premio na categoría de mellor curtametraxe galega.
Universidade de Santiago de Compostela