A mocidade galega achega ideas para revitalizar o rural no Terra Creative Jam

Os participantes gozaron dunha primeira xornada de ideación, con xogos de creación de ideas e proxectos sostibles, formación con workshops específicos, prototipaxe con maquinas 3D, gamificación, drons, realidade virtual e actividades deportivas con caiac no río e escalada no rocódromo. A segunda xornada consistiu nun Hackaton, no que os diferentes equipos maduraron as súas respectivas ideas e elaboraron propostas que logo presentaron en público e diante do xurado.
Os dous mellores prototipos de proxecto presentados no Terra Creative Jam acadaron praza para asistir á Residencia formativa LOF TALENT e tamén recibiron o convite para estar presentes na próxima edición do programa de emprendemento EXPLORER USC,qu que mantén aberto o prazo de inscrición ata mediados de novembro. Ademais, cada un dos membros do equipo gañador, recibirán premios como cámaras tipo GoPro, impresoras 3D-mini e tablets, entre outros agasallos tecnolóxicos, cos que tamén se premiou o traballo desenvolvido polos integrantes do terceiro equipo mellor valorado do certame.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)