Skip to main content

Ábrese o prazo para presentar obras ao 16º FIC de Bueu

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Ata o 15 de marzo permanecerá aberto o prazo para o envío de curtametraxes, que un ano máis deberá realizarse a través da plataforma Shortfilmdepot cunha taxa de inscrición de 2€. Poderán presentarse traballos de calquera xénero estreados a partir do 1 de xaneiro de 2022, cunha duración que non supere os 30 minutos. En xuño daranse a coñecer as obras seleccionadas, que optarán a máis de 5.500 euros en premios tendo tamén en conta os destinados a centros educativos galegos, para os que se lanzará unha convocatoria específica previsiblemente no mes de maio.

Todos os traballos presentados competirán por entrar nas seccións: Oficial, España, Galicia, Descubertas e Escolas Internacionais, conformando grande parte da programación de proxeccións do e o palmarés do FICBUEU 2023. En paralelo haberá tamén outros cinco apartados non competitivos: Retrospectiva, Curtas en familia, Cativa, Infantil, Xuvenil. Ademais, as e os asistentes votarán in situ para o aclamado Premio do Público.

O obxectivo do Festival Internacional de Cinema de Bueu é contribuír á difusión cinematográfica, non só coa promoción das mellores curtamertaxes realizadas no último ano no ámbito internacional senón tamén levando a cabo actividades relacionadas co cinema máis aló do evento. 

Actualmente a organización está a traballar na configuración dun programa que continúa na liña establecida o ano pasado e que incluirá múltiples actividades de carácter cinematográfico e cultural. A isto engádense diferentes eventos e as accións da Área Social do FICBUEU, que xa comezarán en breve con diferentes colectivos.
FIC Bueu