Skip to main content

Unha mostra fai visible a pegada das mulleres na historia do ensino

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A exposición ‘Educación en feminino: un paseo pola historia’, inaugurada este xoves no vestíbulo da Facultade de Formación do Profesorado, permanecerá aberta ao público ata 6 de marzo, segundo indicou o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, nunha sesión na que o alumnado puxo de manifesto que o obxectivo desta mostra é poñer en valor o labor que as mulleres educadoras viñeron realizando ao longo do tempo, un esforzo individual e colectivo non sempre ben recoñecido, e mesmo ás veces silenciado, subliñaron.

A viaxe pola historia da educación a través de mulleres que ofrece esta mostra faise eco de medio centenar de mulleres que foron ou seguen a ser protagonistas nos procesos de ensino e aprendizaxe. A mostra ofrece ao público o enfoque dun colectivo de estudantes que, no prazo duns poucos anos, están chamados a ser os futuros mestres mestras das escolas de Galicia.

A exposición ‘Educación en feminino: un paseo pola historia’ rescata para a actualidade traxectorias persoais e colectivas que, xa polo seu legado xa polas súas achegas innovadoras, chamaron a atención dos futuros mestres do alumando galego de ensino primario. Daquela, os futuros mestres e mestras artífices da sexta edición da mostra retrospectiva, escolleron como referencias as herdanzas recibidas de María Barbeito, Elvira Bao, Ángela Ruiz, Enriqueta Otero, feministas coruñesas do s. XIX, Elisa e Marcela, Antía Cal, orientadoras de ‘Preescolar na casa’ ou das mestras da montaña lucense.

Outras das referentes ás que rende homenaxe esta exposición son Safo de Lesbos, Aspasia de Mileto, Hipatia de Alexandría, Ellen Key, as irmás Agazzi, Nadezhda Krúpskaya, Emma Goldman, María Montessori, Élise Freinet, Mary McLeod Bethune, Helen Parkhurst, Anália Franco, Gabriela Mistral, as irmás Cossettini, Carmen de Burgos, Rosa Sensat, as educadoras da II República, Gloria Giner, Margarita Comas, Margot Moles, Marta Mata ou Heike Freire.

A exposición é de acceso libre e gratuíto para todo o público interesado, que poderá achegarse e visualizar os contidos recollidos nos distintos paneis en horario de apertura da Facultade de Formación do Profesorado, segundo indicou o profesor Francisco Xosé Candia Durán, que, como titor da materia Historia e Teoría da Educación Escolar, actúa tamén como comisario desta colección de pósters, unha obra colectiva que se cede de xeito gratuíto a calquera entidade, centro ou institución que a desexe expoñer nas súas instalacións.

A inauguración da mostra ‘Educación en feminino: un paseo pola historia’ congregou este xoves no vestíbulo de Formación do Profesorado unha nutrida representación de alumnado, así como a responsables políticos do Concello de Lugo, tales como a concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso; a voceira do grupo municipal de Ciudadanos, Olga Louzao, ou a edil do grupo municipal do PP Beatriz Vázquez Belda.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)