Skip to main content

Sesión monográfica no Centro Internacional de Prensa de Galicia dedicada a Sofía Casanova, a gran cronista do século XX europeo

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago (APSC), participarán especialistas e investigadores da súa extensa obra bibliográfica e xornalística como a súa biógrafa Rosario Martínez, a profesora da Universidade de Cracovia Maria Filipówicz-Rudek ou a descendente de Sofia, Joanna Kujawisnska. Rematará a xornada coa proxección da película A outra Galicia, de Marcos Gallego, baseada na chamada “Galicia polaca” onde maiormente residiu Sofia coa súa familia eslava.

Nomeada candidata ao Premio Nobel de Literatura en 1926, Sofía Casanova foi a primeira española correspondente dun diario no estranxeiro e realizou máis de trinta viaxes por Europa. Os seus escritos foron publicados no diario ABC e en numerosas publicacións galegas da época. Da súa faceta xornalística destacan a entrevista a Leon Trotski no San Petersburgo revolucionario de 1917 e a crónica da morte de Rasputin. Membro de honra da Real Academia Galega, escribiu ducias de libros, obras de teatro, traducións e diversos poemarios.

Paralelamente a este acto de homenaxe, o CiPG ten ao público ata o día 5 de xullo unha exposición en recoñecemento ás precursoras galegas da comunicación con xornalistas como a propia Sofia Casanova, Mariluz Morales ou Concha Castroviejo, e destacas escritoras de gran relevo público como Filomena Dato, Emilia Pardo Bazán ou Avelina Valladares, entre outras.
Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela