O documental 'Doxandeem, cazadores de sueños', estrease en Ferrol para reflexionar, da man dunha das protagonistas, sobre a complexidade das migracións
Despois do visionado da peza, haberá un debate coa participación da ferrolana e xornalista Laura Feal, protagonista do documental, que falará como é a sua vida entre Galicia e Senegal e como participa no proxecto que, xunto a súa parella, desenvolven coa mocidade de Gandiol (Senegal).
Este documental forma parte da Programación cultural de outono 4x3 da Deputación de A Coruña e presentarase da man da ONGD Ecos Do Sur, que moderará os debates posteriores ás proxeccións. Despois de Ferrol, o filme viaxará ata Coruña, Santiago, Ordes e Ribeira.
Sobre o documental
En 2006 un mozo senegalés, como tantos outros, deixou a súa terra natal a bordo dun caiuco, para perseguir o soño dunha vida mellor. Acadou as costas europeas con éxito, pero pronto decatouse da magnitude do cambio: a viaxe acababa de comezar. O verdadeiro desafío foi desenvolverse nunha terra estrana e chea de obstáculos. Mamadou Dia pasou no estado español nove anos, nos que escribiu un libro, “3052. Persiguiendo un sueño”, no que plasmou a súa utopía de volver ao seu país e traballar para mudar as cousas. E así o fixo. En 2014 voltou, e xunto coa súa esposa, a ferrolana Laura Feal, foron materializando un espacio de creación, de pensamento e de desenvolvemento coa mocidade en Gandiol, a súa aldea natal no norte do país, que hoxe ten eco a nivel nacional e internacional.
O documentalista e músico senegalés, Saliou Waa Gendoum Sarr interesouse nesta historia “porque reflexa a complexidade das migracións, a maxia dos encontros”. Co seu ollar crítico e poético, Sarr acompaña a Mamadou pero tamén a Laura e outras persoas durante cinco anos nas súas pesquisas máis profundas, indagando nas situacións complexas que derivan da mobilidade. ‘Doxandeem’ é unha palabra en wolof que significa persoa errante, camiñante. A obra é un canto á liberdade de movemento e o descubrimento dunha África que se nos presenta lonxana, pero coa que estamos estreitamente ligados e na que se presentan propostas inspiradoras para o mundo global.
ONG Ecos do Sur
Ecos do Sur traballa para que a convivencia entre persoas de orixes diversas e con realidades distintas frutifique nunha sociedade máis próspera, máis xusta e orgullosa da súa diversidade. Por iso, desde 1991 loita contra a exclusión social especialmente vinculada ao acceso a dereitos de cidadanía e participación. Para isto, arma un potente equipo que inclúe a profesionais da sociología, a psicoloxía, o dereito, a educación e a integración social, a orientación laboral, a mediación intercultural, o traballo social ou o xornalismo: algúns dos mellores especialistas en xestión da interculturalidad de Galicia están comprometidos con Ecos do Sur e, xuntos, fan realidade innovadores proxectos de transformación social.

Ecos do Sur