As universidades públicas galegas realizan un chamamento ás empresas para que incorporen o galego na súa actividade
A sesión serviu para render tributo á figura de Ramón Castromil Ventureira a través da intervención da súa filla Carmen Castromil co gallo do trinta aniversario da galeguización da empresa Castromil.
“O galego é unha forma de estar e de coñecer o mundo”, afirmou Antonio López. Para o reitor da USC, ao compromiso institucional a prol do idioma débese engadir a responsabilidade individual, así como a do eido empresarial. A unión de USC, UVigo e UDC a prol do idioma ten na filosofía da Responsabilidade Social Corportativa e no ordenamento xurídico “os esteos sobre os que asentar unha nova práctica de convivencia coa cultura do país”, afirma o documento ao que o reitor compostelá deu lectura en representación das tres institucións universitarias.
“Esta convivencia debe exercitarse coa observancia dos dereitos lingüísticos dos traballadores/as e usuarios/as, ao tempo que dignifica a nosa identidade. A lingua galega é un medio para acadar a cohesión social e acrecentar a autoestima da cidadanía”, engade o chamamento. Por ese motivo, as tres universidades apelan ás empresas “radicadas no noso territorio a iniciar un proceso de incorporación progresiva da lingua galega nas súas actividades nas relacións laborais, na publicidade, etiquetaxe e demais manifestación da actividade empresarial”.
Tal e como contempla o documento subscrito polas tres institucións, “no ámbito socioeconómico a cultura da cooficialidade lingüística segue amosando grandes espazos de indiferenza, malia os avances acadados nos últimos anos en sectores da alimentación nos que a etiquetaxe en lingua galega está cada vez máis presente. Unha anomalía que debemos corrixir para fortalecernos como comunidade con sinais de identidade propios”.
Xunto ao reitor da USC, participaron no acto Carlos Aymerich, secretario xeral da UDC; Iván Area, en representación da UVigo; Goretti Sanmartín, alcaldesa Concello de Santiago; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; e Xosé González Martínez, presidente do Foro Peinador.

Universidade de Santiago de Compostela (USC)