Skip to main content

Unha Ponte Coa Lusofonía. O mellor cinema lusófono volve a Vigo para celebrar a súa terceira edición no Museo MARCO

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Este sabado 28 de octubro, Abella Producións vai poñer en marcha a terceira edición do proxecto Unha Ponte coa Lusofonía, unha programación cinematográfica coa que amosará no Museo MARCO de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil, Galicia e Angola.

Moitas destas películas erán exhibidas por primera vez ao publico galego. A primeira sesión estará dedicada a Galicia coa exhibición da longametraxe Jacinto, de Javi Camino, e a curtametraxe Na pel da memoria, de Laura e Coral Piñero.

Este será o primeiro das catro datas programadas para Unha Ponte coa Lusofonía III, que continuará os días 4 de novembro, 11 de novembro e 18 de novembro. Todos os eventos son gratuítos e comezan ás 19:00 h no Museo de Arte Contemporánea de Vigo-MARCO. A mostra conta co apoio da Deputación de Pontevedra e o Centro Cultural Camões de Vigo.
Abella Producións