A UDC colabora co CSIC na elaboración do Calendario Científico Escolar en lingua galega

Tanto o calendario como a guía están dispoñibles desde o día 9 de xaneiro en aberto para a súa descarga gratuíta na seguinte ligazón: https://eventociencia.es/calendario-cientifico-escolar/.
Esta iniciativa enmárcase nun proxecto da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) co obxectivo de contribuír a fomentar a cultura científica entre a xuventude e crear referentes que lle resulten próximos, así como promover as vocacións científico-técnicas, usando unha linguaxe non sexista, e aumentar a visibilidade das mulleres científicas e tecnólogas. Ten, ademais, a virtualidade de que se trata dun proxecto plurilingüe que respecta a realidade lingüística estatal, de modo que amais do galego tamén está dispoñible noutras 10 linguas. Por todo isto resultou merecente do I Premio CSIC de Divulgación Científica y Ciencia Ciudadana na categoría de Obra Unitaria no 2023.
Universidade da Coruña (UDC)