Skip to main content

O Grupo de Innovación Docente ACHEGA da Universidade da Coruña organiza un Parlamento das Cousas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
No contexto desde proxecto, o vindeiro venres, día 15 de marzo, ás 16:00 horas, terá lugar no Monte Cambeiro de Amarelle (ou na sala Museo da Casa da Cultura de Corcubión en caso de mal tempo), un “Parlamento das Cousas”, ao que está invitada a veciñanza de Corcubión e alén de Corcubión. Este evento consistirá nunha xuntanza coa veciñanza transxeracional e plural, na que as persoas interesadas poderán escoller un obxecto asociado coas súas vivencias no monte. Con todas as aportacións realizarase un inventario de obxectos e memorias.

A actividade será conducida por Elvira Santiago, Carlos Diz e José A. Cortés do grupo ACHEGA, así como por algunhas estudantes do Grao en Socioloxía, do Máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social e do Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento. O acto contará así mesmo co artista colaborador no proxecto Diego Vites e representantes das asociacións Boca de Sapo e Azul Mais Verde.

A noción de “Parlamento das Cousas” está tomada de Bruno Latour (1947-2022), que foi un pensador social francés recoñecido polos seus traballos sobre as relacións entre a ciencia, a tecnoloxía e a sociedade, dedicado ao estudo da dicotomía natureza-sociedade, e creador da teoría Actor-Rede. Esta teoría considera que as persoas, os obxectos e os discursos teñen que ser consideradas por igual na investigación social. É a través das interaccións entre persoas, obxectos e discursos que nos achegamos á realidade. No seu libro “Nunca fuimos modernos”, propón o “Parlamento das Cousas”, no que os obxectos exercen o poder da representación.

ACHEGA

ACHEGA é o Grupo de Innovación Docente sobre Aprendizaxes Colaborativas, Híbridas e Experimentais en Galicia da Universidade da Coruña. Constitúe un espazo de encontro, de propostas e iniciativas de docencia-investigación-acción nas que o alumnado é un suxeito participante máis na análise das relacións entre natureza e sociedade.

A alianza de Terra Creativa

Está formada pola unión das asociacións Boca de Sapo, a Cooperativa Azul Mais Verde e a AC Universidade Cromática das Virtudes, co apoio e o acompañamento da Fundación Daniel & Nina Carasso. Terra Creativa consiste nun proxecto creado hai cinco anos que quere afondar no valor cultural, social e medioambental do monte autóctono galego desde un monte deseucaliptizado e en custodia de territorio.
Universidade da Coruña (UDC)