Skip to main content

O impacto da velutina na produción de uva analízase por primeira vez nun artigo internacional da UDC

Os traballos foron levados a cabo nun viñedo xestionado pola adega Pagos de Brigante, e contou co apoio de todos os produtores da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Os resultados destacan o bo rendemento das mallas, que tamén protexen fronte aos danos causados por paxaros, mais alerta das posibles alteracións na maduración das uvas e da afección por fungos nunha das variedades estudadas. Ademais, aínda que este sistema se revela como unha boa alternativa de protección, o traballo salienta as dificultades ás que se enfrontan os pequenos viticultores de zonas de producións históricas como a de Betanzos, que van desde a incerteza no retorno económico da inversión ou o aumento nas dificultades de manipulación das vides. Por isto, no artigo advírtese que esta especie invasora podería levar ao abandono da produción a pequenos viticultores, que non contan aínda con sistemas eficaces para protexer as súas colleitas.
Universidade da Coruña (UDC)